Soños de pirata

Características

SOÑOS DE PIRATA é o meu terceiro libro. Ve a luz nuns momentos escuros, tristes, cheos de inquedanzas no conxunto da sociedade, onde o día de mañá non é para moitos e moitas, nin moito menos, un momento de ilusión, senón máis ben o contrario. Mais aínda así este poemario fai un chamamento á ilusión e á esperanza, a non deixarse vencer. Segue a ter un alto contido social e de loita continua, así como o recoñecemento da muller galega na vida e desenvolvemento do País. Atrévome a tocar un tema aínda tabú, a DEPRESIÓN, que segue a ser unha enfermidade tabú e que avanza a pasos axigantados nunha sociedade deshumanizada, que despreza a súa propia casa, a TERRA, e non se decata que a terra nun chisco nos pode sacar do medio. SOÑOS DE PIRATA é, pois, un poemario que chama á ilusión, a ver a Luz aínda nas peores situacións. Espero vos guste, e se vos axuda a coller forzas nalgún momento difícil da vida, pola miña parte énchome de orgullo. Conta coas fotos da excelente fotógrafa coruñesa Ana Ruiz, como forma de plasmar de forma visual as alegrías, temores e medos da vida. MOITAS GRAZAS. Salvador Ribadomar

Dimensiones: 21 (alto) x 15 (ancho)

Nº de páginas: 126

Isbn: 9788412117127
Referencia: 001006523706833
EAN: 9788412117127
Editorial:
CYDONIA
Fecha de lanzamiento:
10 de marzo de 2021
Subgénero
Poesía
Género
Literatura
Idioma:
Gallego
Colección:
PESÍA
Número de colección:
1
Número de edición:
1
Fotografías:
Sí
Título original:
SOÑOS DE PIRATA

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.