Achís! (Tapa dura)

Características

Na casa vivían papá, mamá e un gato enorme. Os tres eran moi felices, ata o día en que chegou un bebé. Mamá e papá estaban encantados; pero, cando o gato se achegou a ver o bebé: Achís! O bebé tíñalle alerxia ao gato& Achís! O gato tíñalle alerxia ao bebé&. É normal que mamá e papá enfronten dúbidas, medos e inquietudes cando nace o seu primeiro bebé. Calquera circunstancia imprevista pode resultar inquietante na nova realidade familiar. Despois do susto inicial e unha procura desesperada de solucións domésticas, a complicidade entre o gato e o bebé fai que, entre risas e esbirros, todo volva á &normalidade&. Cun texto sinxelo, de estrutura simétrica, este álbum descóbrenos a sensación que podemos experimentar diante dun imprevisto. Permite falar de sentimentos, de resolver situacións para saír adiante, e afonda nas emocións dos nenos desde a empatía e o vínculo que, xa desde bebé, se pode establecer cunha mascota, ensinándonos a responsabilidade que isto conleva. Apoiándose en imaxes tenras, suxestivas e moi persoais, Laura Tova debuxa un gato divertido, traveso e experto en camuflaxe, contribuíndo desde a imaxe a crear unha historia cálida, optimista e chea de agarimo, que nos ensina a importancia de afrontar as dificultades con humor, adaptándonos a aquilo que en principio nos desconcerta, e amosándonos a necesidade de adaptarnos para convivir en harmonía.

Dimensiones: 23 (alto) x 25 (ancho) cm

Nº de páginas: 36

Peso: 470 g

Isbn: 9788498714364
Referencia: 001006539836178
EAN: 9788498714364
Editorial:
OQO EDITORA
Fecha de lanzamiento:
7 de abril de 2021
Subgénero
De 3 a 5
Género
Infantiles
Idioma:
Castellano
Colección:
COLECCIÓN O
Colección descripción:
colección O
Ilustrador:
Torrado Varela, Laura
Título original:
ACHÍS!

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.