Smara (Tapa dura)

Características

Unha viaxe ao deserto narrado con lirismo e certa melancolía. A avoa Ugago descóbrenos os Fillos das Nubes. A súa sabedoría enriqueceranos como persoas. «Smara» é a historia da viaxe dun neno a un lugar do Sahara onde coñece a Avoa Ugago, que fora unha poderosa maga protectora da cidade fronte aos intrusos. Ela cóntalle historias do seu pobo, os Fillos das Nubes. Partindo dunha cultura lendaria, e con grandes doses de maxia e de misterio, Paula Carballeira fai unha aposta pola melancolía, dun certo lirismo, como unha especie de reivindicación da tristura que nos fai medrar por dentro. Carole Hénaff reflicte o aspecto rústico dos asentamentos do deserto con ilustracións elaboradas con collage ou acrílicos sobre madeira, destacando a textura dos materiais e utilizando cores vivas, tan típicas das teas, das cerámicas e das especias. A súa inspiración provén da experiencia persoal tras varias viaxes a Marrocos que deron lugar a fermosos cadernos repletos de debuxos nos que plasmou as sensacións de impresión e de respecto que lle infundiu o Sahara. As súas ilustracións transpórtannos a un mar de area, onde a vista se perde no horizonte e o tempo parece deterse. As dunas nunca son iguais, parecen cobrar vida coa luz do sol, que acentúa as sombras das súas curvas e transforma as cores co paso das horas. O resultado é un traballo sublime e sinxelo, cun toque surrealista e enigmático.

Dimensiones: 23,5 (alto) x 15 (ancho)

Nº de páginas: 64

Peso: 308 g

Isbn: 9788484645498
Referencia: 001006540296073
EAN: 9788484645498
Editorial:
KALANDRAKA EDITORA
Fecha de lanzamiento:
7 de julio de 2021
Subgénero
De 6 a 9
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Colección:
SETE LEGUAS
Ilustrador:
Hénaff, Carole
Título original:
SMARA

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.