&Quen son? Crías de animais& é unha colección para inspirar a curiosidade pola fauna e o coidado da natureza dende as primeiras idades. Con textos sinxelos e cientificamente rigorosos acompañados de suxestivas ilustracións, cada título permite coñecer sete crías dun continente en forma de adiviña. Aos primeiros volumes dedicados a África e Europa, súmanse dous novos títulos, &Quen son? Crías de animais - América& e &Quen son? Crías de animais - Australia&, que van completando esta proposta de referencia para escolas, bibliotecas e familias.