Cando os animais falaban: Cen historias daquel tempo (Tapa dura)

Características

Cando os animais falaban é un tempo mítico en que se sitúan un grande número de contos populares, de sucesos fantásticos e marabillosos, sobre todo protagonizados por animais, coma os cen que se recollen neste volume preparado por Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Ese tempo mítico pérdese na noite dos tempos e lévanos a unha época remotísima, de aí que esta frase apareza como fórmula de entrada de contos e relatos, sobre todo dos contos de animais e dos contos marabillosos e de maxia, moi similar a outras ben coñecidas como "Érase unha vez", "Desta era" ou "Nos tempos de Maricastaña". O cento de contos que se recollen neste volume, cada un deles ilustrado fermosamente a toda cor por Andrés Meixide, están tirados todos eles da tradicón oral galega; todos eles refírense ós tempos primitivos, os tempos da creación, cando se decidiu que as cousas fosen como son, que o carrizo fose pequeno, que a silveira dese amoras e que a cobra non tivese patas. Son contos populares que explican, a súa maneira, por que as cousas son dese xeito e non doutro. Neste libro, singularmente fermoso, quedan explicadas a orixe e a causa de moitos fenómenos naturais e conductas humanas: ¿Por que os corvos non son fachendosos?, ¿Por que a andoriña é un paxaro que trae sorte?, ¿Por que o moucho chama sempre polos bois?, ¿Por que os paxaros fan niño?, ¿Por que no inverno non se ve o cuco? ¿Como se alimentan as follas das árbores? Son algunhas das preguntas que se responden neste volume, cuestións que quedan explicadas dun xeito tan inxenuo e plástico como fermoso. Un libro imprescindible para coñecer e gozar e rir cos nosos mitos fundacionais, que poden compararse cos de calquera outro pobo do mundo.

Dimensiones: 25,5 (alto) x 23,5 (ancho) cm / Nº de páginas: 128 / Peso: 718 g

Isbn: 9788483029077
Referencia: 001006511104371
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Fecha de lanzamiento:
2 de diciembre de 2002
Subgénero
Juegos y Pasatiempos
Género
Deportes y juegos
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Gallego
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - EDICIÓNS SINGULARES
Número de edición:
1
Ilustrador:
Meixide, Andrés

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.