Monte Louro (Tapa dura)

Características

Unha muller casa e, tras quedar embarazada, é abandonada polo home, ao que idolatra, no tempo da proclamación da República. O fillo criase como un orfiño nun Muros de posguerra de onde tamén el vai acabar dimitindo polo tempo da súa estrea na mocidade. O destino tenlle reservada cita en Barcelona cun nome falso, cunha amante que lle permitirá atisbar a plenitude e, de propina, cun crime que o condena a fuxir para sempre. Provisto dunha nova identidade desembarcará daquela en Bos Aires, onde a experiencia da emigración se verá decontado premiada co éxito e cun grande amor. Monte Louro, o máis poderoso referente xeográfico da infancia, agrándase na memoria como resumo mítico do que no pasado non puido ser e talvez non será xa nunca. Tamén andan ao axexo o complexo de culpa, o desequilibrio e, finalmente, unha baixada ós infernos na que parece que sairá triunfante o Mal. Terá que xurdir o empeño dunha filla cuxa existencia se ignoraba para que moitos anos despois volva semellar posible recompoñer o puzzle roto da vida... Todo isto e moito máis contánolo Rei Núñez nunha novela, gañadora do Premio Blanco Amor 2009, que o acredita como mestre do oficio de escribir, chamada a converterse nun clásico das letras galegas.

Dimensiones: 230 (alto) x 155 (ancho) cm / Nº de páginas: 688 / Peso: 1155 gr

Isbn: 9788497825573
Referencia: 001006522118204
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Fecha de lanzamiento:
28 de mayo de 2009
Subgénero
Novela Española e Hispanoamericana
Género
Novela - Narrativa
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Gallego
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Colección descripción:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Número de edición:
1
Título original:
MONTE LOURO

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.