Unha case eternidade (finalista do Premio Napoli 2006) é unha lúcida e fermosa reflexión sobre o paso do tempo dende unha perspectiva feminina.
Cun discurso profundo e íntimo, baseado na experiencia persoal da protagonista, a obra reflexiona sobre a perda da xuventude dos corpos e sobre a diferente vivencia que homes e mulleres temos dese inevitable declinar.
Ao final, queda a defensa das engurras como testemuña do vivido.
Dimensiones: 24 (alto) x 21 (ancho) cm / Nº de páginas: 78