Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas visten coma ela, peitéanse coma ela..., son de súpeto cuspidiñas a ela. A profesora de inglés fai unha impresionante revelación que Amina vai descifrando grazas ao debuxos da súa amiga Ío, unha rapaza xordomuda. Pero Ío desaparece misteriosamente. A lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey, ilustrado por Patricia Castelao, é o relato da emigración, o rexeitamento e as dificultades que sofren moitos emigrantes. A amizade de Amina e Ío amosa que, tantas veces, a posibilidade da comunicación está por riba das palabras. A convivencia no eido escolar, a comunicación extralingüistica ou o coñecemento da cultura africana son algúns dos temas abordados nesta formidable novela para lectores e lectoras de 10 anos en diante.
Dimensiones: 195 (alto) x 130 (ancho) cm
Nº de páginas: 128
Peso: 203 gr
Isbn: 9788497825214
Referencia: 001006539182482
EAN: 9788497825214
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Fecha de lanzamiento:
7 de febrero de 2007
Subgénero
De 10 a 12
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Gallego
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - DE 10 ANOS EN DIANTE
Colección descripción:
INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - De 10 anos en diante