Minimaladas (Tapa dura)

Características

Un insecto pau que se camuflaba entre as pólas dunha árbore. Un camaleón que non sabía cambiar de cor. Un oso que traballaba nun circo. Un año negro. Un león que se quedaba calvo. Un burro moi lacazán. Un corvo que non se atrevía a comer millo. Un pequeno crocodilo que non sabía qué quería ser de maior... Minimaladas de Carlos López son sesenta mini historias protagonizadas por animais cheas de orixinalidade, imaxinación e beleza. A obra, gañadora por unanimidade do Premio Merlín de literatura infantil 2007, foi fermosamente ilustrada por David Pintor, conseguindo unha perfecta ensamblaxe entre os textos de cada unha delas e a representación visual do seu protagonista. O xurado do Premio Merlín destacou que nestes contos breves (nalgúns casos apenas catro ou cinco liñas) salienta a súa capacidade para evocar imaxes, valéndose dun emprego lúdico da linguaxe, algunhas interesantes referencias literarias e dun tratamento moi innovador da creación lingüística.

Dimensiones: 210 (alto) x 186 (ancho) cm / Nº de páginas: 64 / Peso: 321 gr

Isbn: 9788497826723
Referencia: 001006539192143
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Fecha de lanzamiento:
22 de octubre de 2007
Subgénero
De 10 a 12
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - DE 7 ANOS EN DIANTE
Colección descripción:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
Número de edición:
1
Ilustrador:
Pinto
Título original:
MINIMALADAS

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.