Cada mañá, antes de empezar as clases, un grupo moi especial de nenos e nenas reúnese en segredo: son os superheroes do cole. Xuntos descubrirán que cada persoa ten habilidades únicas, emocións diferentes e un superpoder especial que os fai únicos. Un álbum ilustrado cheo de humor, amizade e aventuras cotiás que axuda aos pequenos lectores a recoñecer emocións, fortalecer a autoestima e desfrutar da vida no colexio desde unha mirada positiva e divertida.