Proleterka

Características

Un grupo de turistas están a piques de embarcar no Proleterka, un buque iugoeslavo atracado en Venecia que iniciará en breve a singradura cara a Grecia. Os últimos en cruzar a pasarela son unha adolescente de quince anos e o seu pai. Entre ambos os dous hai un distanciamento total, e ao mesmo tempo un vínculo que se remonta a un escuro tempo remoto. Durante a viaxe, a filla desexa saber algo máis sobre Johannes, este home ao que apenas coñece, pero, sobre todo, gustaríalle descubrir esoutra cousa ignota: a vida como experiencia, ata agora só imaxinada dende dentro dos muros do internado. Delicada e precisa, &Proleterka& é unha novela breve sobre a incerteza, o resentimento, a dor familiar e a desconfianza, escrita cun estilo contido e sucinto, pero tamén intenso e conmovedor. Foi galardoada cos premios Donna Città di Roma e o Vailate Alberico Sala en 2001, así coma os Viareggio e o Vittorini en 2002.

Dimensiones: 20,5 (alto) x 13,5 (ancho) / Nº de páginas: 116 / Peso: 176 g

Isbn: 9788419213174
Referencia: 001006523951447
Editorial:
Faktoria k de libros
Fecha de lanzamiento:
3 de octubre de 2022
Subgénero
Novela Española e Hispanoamericana
Género
Novela - Narrativa
Idioma:
Gallego
Traductor:
Blanco Casás, Antón
Colección:
NARRATIVA K
Número de edición:
1
Título original:
PROLETERKA

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.