Fahrenheit 451 (Tapa blanda Tapa blanda con solapas)

Características

Fahrenheit 451: a temperatura á cal un libro prende lume e arde. Guy Montag é bombeiro. O seu traballo consiste en queimar libros, que están prohibidos e son fonte de discordia e infelicidade. Aínda así, Montag séntese desgraciado: o seu matrimonio está en crise. ¿Acaso hai libros agochados na súa casa? O Sabuxo Mecánico do Departamento do Lume, armado cunha agulla hipodérmica letal e escoltado por helicópteros, persegue aos disidentes que se atreven a ler. " Fahrenheit 451 " de Ray Bradbury é unha novela situada nun futuro onde a xente xa non se interesa pola literatura. Constitúe xunto a " 1984 " de George Orwel e " Un feliz mundo novo " (Xerais, 1999) de Aldous Huxley, unha descrición profética da submisión de Occidente aos medios, ás drogas e ao conformismo. A novela de Bradbury resulta asombrosamente visionaria: televisións de tamaño de paredes que mostran telenovelas interactivas; carteis publicitarios de sesenta metros de longo nas estradas; altofalantes en miniatura que a xente leva nos oídos para escoitar música e as noticias; a indiferenza das persoas con respecto a todo. A prosa poética e poderosa de Bradbury fusiónase cunha percepción extraordinaria sobre o potencial da tecnoloxía para crear unha novela que, cincuenta anos despois da súa aparición, aínda ten capacidade de asombrar e impactar. Un clásico da literatura do século XX en galego, unha antiutopía na que os libros están prohibidos e un grupo secreto de libros viventes esfórzanse en transmitir de boca en boca a antiga cultura.

Dimensiones: 23 (alto) x 15 (ancho) cm / Nº de páginas: 272 / Peso: 398 g

Isbn: 9788445006771
Referencia: 001006523564380
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Fecha de lanzamiento:
16 de enero de 2020
Subgénero
De 10 a 12
Género
Infantiles
Idioma:
Castellano
Idioma original:
Inglés
Traductor:
Abelenda, Francisco
Colección:
MINOTAURO ESENCIALES
Número de colección:
9
Subcolección
FAHRENHEIT 451
Título original:
FAHRENHEIT 451

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.