Corredores de sombra (Tapa blanda)

Características

Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descóbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques. Un cadáver emparedado hai máis de cincuenta anos, cun furado de bala na cabeza. Quen é o morto? Que man empuñou a pistola que o asasinou? Clara Soutelo, testemuña involuntaria da descuberta, asume o reto de desvelar o misterio que se agocha tras as dúas preguntas. Unha investigación complexa, que a levará a indagar no pasado da súa familia. Moito tempo despois, cando xa é maior, decídese a contar os sucesos daquel verán dos seus dezaseis anos, cando descubriu a plenitude do primeiro amor e mudou para sempre a súa forma de entender a vida. ''Corredores de sombra'' de Agustín Fernández Paz é un thriller moral onde se pretende desvelar un dobre misterio (quen é o morto, quen o asasinou?) que nos leva a unha investigación, con momentos de grande tensión, e unha resolución na liña das mellores novelas negras. Mais tamén é unha novela sobre a progresiva toma de conciencia da protagonista obrigada a elixir o camiño polo que quere facer a súa vida, mesmo se iso implica opoñerse a súa familia e todo o que significa. Unha novela memorable que confirma a Agustín Fernández Paz como un dos narradores primeiros da literatura galega.

Dimensiones: 210 (alto) x 130 (ancho) cm

Nº de páginas: 232

Peso: 262 gr

Isbn: 9788497824255
Referencia: 001006539529534
EAN: 9788497824255
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Fecha de lanzamiento:
24 de marzo de 2006
Subgénero
De 10 a 12
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Gallego
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Número de colección:
91
Colección descripción:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Número de edición:
1
Título original:
CORREDORES DE SOMBRA

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.