Contos por palabras

Características

Este libro consta de oito contos. A súa característica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. "Unha chave non é suficiente" é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que "se duplica calquera chave, con ou sen mostra". "O caso do unicornio azul" conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada. "Vanesa e o anuncio da televisión" conta a historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión. "Un artista de neon": un fabricante de rótulos luminosos teima en modificar o mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desastrosos. Un vampiro pode ser o empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato "O caso do estraño empregado" Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. Isto é o que se narra en "Ser superheroe non é doado" e "Noites de lúa chea". "O libro das infinitas historias", o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.

Dimensiones: 185 (alto) x 135 (ancho) cm

Nº de páginas: 152

Peso: 228 gr

Isbn: 9788499141558
Referencia: 001006539547288
EAN: 9788499141558
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Fecha de lanzamiento:
27 de abril de 2011
Subgénero
De 10 a 12
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.