
Un gran soño (Tapa dura)
- Autor/Autora:FELIPE UGALDE
- Editorial:KALANDRAKA GALLEGO
Un microrrelato de gran valor literario, que transporta o lector ao fascinante mundo da mitoloxía maia e da astronomía. O autor cóntanos a historia dun crocodilo que aspira a trascender, a través do tempo e do espazo, máis aló mesmo da súa propia existencia no mundo. O álbum ilustrado gañador do II Premio Internacional Compostela é un microrrelato de gran valor literario, que transporta o lector ao fascinante mundo da mitoloxía maia e da astronomía. O mexicano Felipe Ugalde cóntanos a historia dun crocodilo que aspira a trascender, a través do tempo e do espazo, máis aló mesmo da súa propia existencia no mundo. A súa figura é a metáfora da especie humana e dos seus individuos, no seu afán por medrar e deixar unha fonda pegada do seu paso pola vida. Como o crocodilo, teñen a convicción de estaren destinados a algo importante -aínda sen saber que, nin como logralo- e nese camiño devórano todo ao seu redor. Os astrónomos maias representaban a Vía Láctea como unha serpe; unha visión que evolucionou ata a imaxe dunha canoa con forma de crocodilo. Vinculado á constelación de Orión, este animal simbolizaba a conexión entre o mundo e o ceo, os homes e os deuses. Outra faceta destacada da Vía Láctea é o seu vínculo ao Camiño de Santiago, como guía dos peregrinos na súa ruta cara a Compostela. Por esta riqueza simbólica e a perfección acadada coa técnica do acrílico, Un gran soño foi a gañadora do certame, de entre 280 obras de 22 países. O traballo de Felipe Ugalde foi valorado como &o máis completo e equilibrado& pola complementariedade entre texto e imaxe, o enfoque metafórico das ilustracións e o tratamento do concepto do tempo. Un libro que, para o xurado, &non ten idade, porque permite distintas lecturas& segundo os lectores sexan infantís ou adultos.
Dimensiones: 21 (alto) / Nº de páginas: 36 / Peso: 410 g
- Editorial:
- KALANDRAKA GALLEGO
- Fecha de lanzamiento:
- 28 de octubre de 2009
- Subgénero
- De 10 a 12
- Género
- Infantiles
- Idioma:
- Gallego
- Colección:
- PREMIO COMPOSTELA
- Número de edición:
- 2
- Ilustrador:
- Ugalde, Felipe
- Título original:
- UN GRAN SOñO