O nacemento de nunavut (Tapa blanda)

Características

Nunavut, a nena protagonista das aventuras desta nova colección infantil de Xerais, pertence a un dos pobos máis lendarios da terrra, os innuit ou esquimós, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións, ocupando a rexión máis fría do noso planeta, a do Círculo Polar Ártico, que se estende dende Alasca a Grenlandia. Alí os esquimós viviron en paz, illados completamente do resto do mundo, ata que, a mediados do século XIX, na época das grandes exploracións, entraron en contacto cos europeos. Actualmente, as diversas tribos innuit seguen a loitar por defenderen os seus eidos, as súas culturas e as súas linguas: o modo ancestral de vida da que foron afastados. Pero Nunavut tamén é hoxe unha fermosa e esperanzadora rexión autónoma para tódalas comunidades árticas. O obxectivo desta nova serie de Xerais, As aventuras de Nunavut, é que os lectores e lectoras novos poidan descubrir as marabillas dunha cultura que, por fortuna, aínda nos pode ensinar moito. En O nacemento de Nunavut, o primeiro dos libros da serie, escrita por Xoán Abeleira e ilustrada por Jacobo Fernández Serrano, asistimos á chegada ao mundo da meniña, quen, tras ser abandonada a súa sorte, é levada á morada dos ingnersuit, os trasnos ou espíritos da escuridade, de onde tentará rescatala o seu arrepentido pai, Ukapi.

Dimensiones: 20 (alto) x 13 (ancho) cm / Nº de páginas: 64 / Peso: 124 g

Isbn: 9788483029374
Referencia: 001006539140829
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Fecha de lanzamiento:
21 de febrero de 2003
Subgénero
De 10 a 12
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - AS AVENTURAS DE NUNAVUT
Número de edición:
1
Ilustrador:
Fernández Serrano, Jacobo

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.