Charlie e a fábrica de chocolate

Características

O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azucre que se poden inchar ata facelos enormes... Charlie Bucket atopará un dos billetes máxicos e será un dos rapaces afortunados que entren na fábrica das marabillosas lambetadas. Esta será unha visita que mudará a súa vida para sempre. "Charlie e a fábrica de chocolate" é a novela máis famosa de Roald Dhal, un dos xenios da literatura infantil do século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís singularizan esta obra considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos. Traducida a múltiples linguas, a súa adaptación cinematográfica, protagonizada por Johnny Depp será estreada no verán 2005. A presente edición está ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con maior frecuencia con Dahl.

Dimensiones: 185 (alto) x 140 (ancho) cm

Nº de páginas: 224

Peso: 333 gr

Isbn: 9788497822770
Referencia: 001006539161122
EAN: 9788497822770
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Fecha de lanzamiento:
5 de abril de 2005
Subgénero
De 10 a 12
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Inglés
Traductor:
Avendaño, Alberto
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - DE 11 ANOS EN DIANTE
Colección descripción:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
Número de edición:
1
Ilustrador:
Blake, Quentin
Título original:
CHARLIE E FRABRICA DE CHOCOLATE

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.