Taboada: Guía dos seus elementos máis sobranceiros

Características

Este volume ten un ámbito territorial moi marcado e acoutado, que non é outro que os 147 quilómetros cadrados que abrangue o concello de Taboada. Nesta extensión de terra, dividida en 27 entidades parroquiais diferentes, é onde se concentran todos os elementos patrimoniais que figuran nesta guía. A motivación principal do autor para escribir este libro non foi outra que a de dar a coñecer a inxente cantidade de patrimonio &natural, civil e relixioso& que hai no concello de Taboada. El está convencido de que é preciso non conformarse e loitar contra o abandono e o esquecemento ao que parecen abocados algúns dos elementos patrimoniais que aquí se recollen. Se esta obra serve para que, dentro duns anos, algunha persoa se preocupe por eles, catalogándoos e ampliándoos, e continúe traballando por manter unha historia que é de todos e de todas nós, o esforzo pagará a pena.

Dimensiones: 24 (alto) x 16,5 (ancho)

Nº de páginas: 248

Peso: 500 g

Isbn: 9788418966729
Referencia: 001006514945200
EAN: 9788418966729
Editorial:
HERCULES EDICIONES
Fecha de lanzamiento:
26 de enero de 2023
Subgénero
Arte, Historia y Tradiciones en España
Género
Viajes y turismo
Idioma:
Gallego

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.