Quen levou a Lúa?

Características

Kipá, o máis pequeno da manda, quere ouvear como os lobos adultos. A noite antes da lúa chea, escapa á montaña e aspira tan forte que a lúa se solta do ceo e desaparece. Ao día seguinte, os lobos soben á montaña para celebrar o nacemento dos cachorros; pero, por moito que esperan, a lúa non sae. Mentres, na súa casa, o lobiño está laiándose pola dor, coa barriga inchada como un melón& Na infancia, a imitación constitúe un dos xeitos máis activos de obter coñecementos; os cativos perciben o mundo a través dos sentidos e, grazas á súa capacidade para imitar, interactúan co contorno. Outro estímulo vital, no seu proceso de desenvolvemento intelectual e emocional, é o xogo, porque lles permite explorar o mundo e esperta neles a imaxinación e a creatividade. Ademais, co xogo, os nenos poden practicar habilidades sociais e aprenden a relacionarse segundo unhas regras ou unhas normas. Mario Catelli, nesta divertida historia sobre a aprendizaxe e os pequenos descubrimentos da vida, suxire que a sabedoría se adquire cos anos, e polo tanto, hai que tirar proveito de cada unha das etapas. Por último, cómpre destacar a harmonía das composicións cos elementos da natureza, realizadas mediante a técnica da colaxe, e como as expresivas ilustracións de Madalena Matoso recrean a sensibilidade do narrador. Unha historia sinxela para que comprendamos dunha forma intuitiva, onde se acha a esencia das cousas.

Dimensiones: 23 (alto) x 250 (ancho)

Nº de páginas: 36

Peso: 470 g

Isbn: 9788498716924
Referencia: 001006540703706
EAN: 9788498716924
Editorial:
OQO EDITORA
Fecha de lanzamiento:
2 de marzo de 2023
Subgénero
De 3 a 5
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Colección:
COLECCIÓN O
Colección descripción:
colección O
Ilustrador:
Matoso, Madalena
Título original:
QUEN LEVOU A LÚA?

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.