Medios e políticos baixo sospeita (1990-2023) (Tapa blanda)

Características

A industria da información ten en Internet o aliado perfecto contra o que nun pasado recente facía dos medios de comunicación un contrapoder ao servizo da verdade. E da democracia. Os xigantes tecnolóxicos que dominan o espazo da información pública, como é o caso de Google, Facebook, Amazon ou Twitter, fan circular ininterrompidamente información como se dunha simple mercadoría se tratase. Sen que os poderes institucionais e políticos fixeran nada por regular esa nova orde global sostida polos contravalores da desinformación e a mentira. En medio dese tsunami, os medios tradicionais e o xornalismo son ao tempo vítimas -desactivan a súa función política de intermediarios- e cómplices -réndense ao sensacionalismo e deixan de preocuparse por interpretar o mundo. O autor deste libro seguiu con mirada crítica ese proceso de progresiva degradación do noso máis próximo sistema de comunicación, e articulou un trazado de causas, efectos e responsabilidades que teñen no acontecer político, social e cultural dos últimos 32 anos a súa bagaxe contextual. &O autor, no seu novo libro, establece de modo definitivo, cun catálogo abafador de feitos, datos e exemplos, a proba por ADN de que a relación dos medios e os políticos é tóxica&. Ignacio Ramonet &A farturenta manchea de textos recollidos neste volume son a testemuña viva e a irrebatíbel proba da insubornábel afouteza e diáfana visión de Luís Álvarez Pousa no exercicio do labor dun xornalista auténtico na sociedade na que lle cadrou vivir: o do xornalismo de combate democrático&. Xosé Manuel Beiras

Dimensiones: 21 (alto) / Nº de páginas: 596 / Peso: 564 g

Isbn: 9788484876397
Referencia: 001006533074511
Editorial:
LAIOVENTO
Fecha de lanzamiento:
24 de mayo de 2023
Subgénero
Política y Gobierno
Género
Ciencias Políticas y Sociales
Idioma:
Gallego
Colección:
ENSAIO
Número de colección:
435
Número de edición:
1
Título original:
MEDIOS E POLÍTICOS, BAIXO SOSPEITA (1990

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.