Fran regresa de adulto á vila de onde o desterraron de cativo. Vén a se desfacer da casa patrucial, chea de tristes recordos. Decorado de cartón pedra, reserva do eco, a vila semella estar sumida nun letargo perenne. Don Tino &un carteiro e mestre represaliado polo franquismo& fixera feliz por un tempo aquel neno, mais xa todo fica no pretérito. Todo? O pasado non pasa nunca e o presente continuo é unha colaxe de reencontros, de cartas e de amor.