Velliñas (Tapa blanda)

Características

Antea e Filipa son dúas humildes velliñas que o comparten todo; aínda que a realidade é que apenas teñen nada: comen sopa de auga a diario e, os domingos, un fideo para as dúas; pero son felices porque se queren e gozan da vida en compañía. Un suceso extraordinario faralles vivir unha grande aventura. Charo Pita lémbranos que a idade é un agasallo: está chea de vida e de misterios. Unha cara esculpida polas engurras é coma unha árbore milenaria; o seu tronco groso agroma cada primavera do mesmo xeito que unha persoa anciá con cada amencer. Así son Antea e Filipa, aventureiras do día a día. Velliñas é un relato conmovedor que nos ensina o valor dos afectos, o renacemento na vellez, a ilusión e superación das mulleres maiores que, con ánimo e alegría, son quen de vencer calquera contratempo. A ilustradora, Fátima Alonso, desprega un discurso de marcado carácter narrativo, con imaxes repletas de detalles suxestivos que permiten gozar dunha lectura visual rica e fonda. Un álbum ilustrado con gran sensibilidade, recomendado para todas as idades.

Dimensiones: 23 (alto) x 25 (ancho) / Nº de páginas: 48 / Peso: 540 g

Isbn: 9788498717044
Referencia: 001006540715049
Editorial:
OQO EDITORA
Fecha de lanzamiento:
15 de junio de 2023
Subgénero
De 3 a 5
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Colección:
COLECCIÓN O
Colección descripción:
colección O
Ilustrador:
Rodrigues Afonso, Fatima
Título original:
VELLIÑAS

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.