O embigo de Xanecas

Características

Xanecas tiña catro anos, e coma todos os nenos a esa idade, era moi curioso. O que máis lle gustaba no mundo era explorar, e case cada día facía un novo descubrimento. Seu pai refregáballe as orellas, os xeonllos, os cóbados& Para apurar máis, Xanecas fregábase tamén co xabón. De súpeto, afundíuselle o dedo nun burato da barriga. Que pasara?. Tan intrigado quedou que desde aquela sempre estaba a preguntar: E por que teño embigo?. A cousa é que Xanecas está nunha das etapas máis divertidas da infancia: a das preguntas. Por iso quere saber o porqué de todo, e interroga a papá, á irmá máis vella, ao avó... Aproveitando a inocencia do pequeno, cada quen irá inventando unha trola sobre o estraño buraco. Finalmente, a nai desvela a verdadeira razón da existencia do embigo, e, de paso, un dos grandes misterios da vida. As ilustracións de Francesca Chessatransmiten a espontaneidade e naturalidade dos xestos infantís. Son imaxes coloristas e desenfadadas, concibidas para que os cativos se identifiquen cos escenarios, os personaxes e o comportamento dos protagonistas. Este álbum constitúe un valioso recurso co que lles explicar dun xeito sinxelo e divertido o misterio do embigo.

Dimensiones: 23 (alto) x 25 (ancho) / Nº de páginas: 36 / Peso: 470 g

Isbn: 9788498717020
Referencia: 001006540715064
Editorial:
OQO EDITORA
Fecha de lanzamiento:
15 de junio de 2023
Subgénero
De 3 a 5
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Traductor:
Couto Palmeiro, Juan Luis
Colección:
COLECCIÓN O
Colección descripción:
colección O
Ilustrador:
Chessa, Francesca
Título original:
O EMBIGO DE XANECAS

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.