O osiño Chispa (Tapa dura)

Características

Un álbum tenro e divertido sobre o valor da escola, a aprendizaxe, a autonomía persoal e o sempre valioso consello dos maiores. Chispa era un pequeno oso aventureiro, alegre e decidido. Unha mañá díxolle á súa nai: &Deixei a escola. Xa son maior, e quero traballar&. Pero cociñar, coser, pintar a porta da casa ou fabricar unha cadeira de brazos eran tarefas máis difíciles do que Chispa imaxinaba. Tras un encontro co ancián Don Moucho, pensa que quizais non é tan mala idea volver á escola e reencontrarse cos seus amigos, aos que tanto botaba de menos. Malia que Chispa non está preparado aínda para algúns traballos, lonxe de desanimalo, os adultos permítenlle experimentar e darse conta por si mesmo das dificultades. &O osiño Chispa& é unha fábula contemporánea que pon de manifesto a pequenos e maiores a importancia da aprendizaxe, a autonomía persoal, a perseveranza, os sabios consellos dos maiores e a escola como lugar de formación e socialización. Rosa Osuna logra unha obra plástica que destila calidez, con multitude de detalles, trazos sinxelos e unha combinación cromática moi acertada

Dimensiones: 22 (alto) x 22 (ancho)

Nº de páginas: 36

Isbn: 9788413432458
Referencia: 001006540519557
EAN: 9788413432458
Editorial:
KALANDRAKA EDITORA
Fecha de lanzamiento:
7 de septiembre de 2023
Subgénero
De 6 a 9
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.