Deiche ollos e miraches as tebras (Tapa blanda)

Características

Despois de &Canto eu e a montaña baila&, Irene Solà regresa cunha novela exuberante repleta de historias malditas e personaxes atemporais. A masía Clavell está agochada nun remoto posto nos montes de Les Guilleries. Resiste en tempos de guerra, rodeada de cazadores, bandoleiros, carlistas, maquis, pantasmas e demos. Habitada por mulleres, vivas e mortas, desprezadas por bruxas, feas, malfeitoras e retranqueiras, os seus cuartos gardan centos de anos de recordos: os de Joana quen para atopar un marido fixo un pacto que orixinou unha proxenie maldita; os de Bernadeta, a quen lle botaron tanta auga con tomiño nos ollos cando era nena que acabou vendo o que non debía. Ou os de Blanca que naceu sen lingua e xa non fala, pero observa. Unha obra máxica chea de luz, morte, encantamentos e fabulacións. Despois do éxito internacional de &Canto eu e a montaña baila&, traducida a máis de 30 linguas, adaptada ao teatro e convertida en obra sinfónica, Irene Solà volve a invocar unha simbiose harmónica e desbordante de imaxinación, tradición, viscelaridade e prosa poética. A edición en galego conta coa tradución de María Alonso Seisdedos que, en 2022, recibiu o Premio Follas Novas á Obra Traducida, o xx Premio de Tradución Plácido Castro e o x Premio Ramon Llull pola súa tradución de &Canto eu e a montaña baila&.

Dimensiones: 20,5 (alto) x 13,5 (ancho)

Nº de páginas: 200

Isbn: 9788419213433
Referencia: 001006524047278
EAN: 9788419213433
Editorial:
Faktoria k de libros
Fecha de lanzamiento:
7 de septiembre de 2023
Subgénero
Novela Española e Hispanoamericana
Género
Novela - Narrativa
Idioma:
Gallego

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.