Corpos: As outras vidas do cadáver (Tapa blanda)

Características

Un ensaio abraiante sobre a nosa relación coa morte e a experiencia humana co máis aló a través da historia. A nosa relación cos mortos é, por necesidade, unha constante desde que os seres humanos somos conscientes. Pero non todas as culturas, e non en todos os momentos, responderon igual a este problema. A historia da humanidade construiuse sobre momias, esqueletos, corpos petrificados e embalsamamentos, pero tamén sobre reliquias, sobre o consumo de partes do corpo con fins médicos, execucións ou historias de vampirismo. En &Corpos. As outras vidas do cadáver& atopámonos unha liña do tempo algo diferente á que estamos afeitos, unha que nos convida a percorrer a Historia sen fixarnos tanto nas formas de vida, senón na maneira na que tratamos aos cadáveres, conservámolos para a posteridade e mesmo en como escribimos sobre eles. Erica Couto-Ferreira ofrécenos un ensaio inquietante, pero tamén divertido e filosófico, sobre a nosa relación co máis aló e co que deixamos atrás. Un texto para descubrir todas as vidas que lle esperan a un corpo despois da morte.

Dimensiones: 20,5 (alto) x 13,5 (ancho)

Nº de páginas: 368

Isbn: 9788419213457
Referencia: 001006517550924
EAN: 9788419213457
Editorial:
Faktoria k de libros
Fecha de lanzamiento:
7 de septiembre de 2023
Subgénero
Historia Universal
Género
Historia
Idioma:
Gallego

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.