Unha edición do coñecido conto clásico europeo adaptado ao sistema SPC de pictogramas, de fácil lectura, agora tamén en lingua galega. A colección Makakiños é unha iniciativa de KALANDRAKA en colaboración coa Asociación Baión de Tratamento do Autismo (BATA) para achegar a lectura a persoas con necesidades de apoio educativo e facilitar a inclusión de todas e todos. Son un conxunto de libros &de fácil lectura& que procuran unha maior comprensión a nivel escrito e visual a través da linguaxe de pictogramas SPC (Símbolos Pictográficos de Comunicación), baseado en debuxos e cores que foi desenvolvido nos Estados Unidos por Roxanna Mayer-Johnson. &Chibos Chibóns&, o coñecido clásico europeo adaptado por Olalla González, incorpórase á colección Makakiños en lingua galega nunha versión traducida por Iago Nicolás e adaptada pola asociación BATA. As ilustracións de Federico Fernández procuran achegarnos a súa versión do conto buscando a máxima concreción e comprensión da linguaxe plástica.
Dimensiones: 22 (alto) x 22 (ancho) / Nº de páginas: 40