O avó de Zulaimar

Características

Zulaimar non tiña avó. Pero todas as amigas tiñan un. O de María era alto como unha palmeira. O de Lucía, redondo como unha O. O de Susana, cos ollos escuros coma o café. Polas tardes ían con eles ao parque. Tomaban xeados. Facían debuxos na area. Zulaimar non logrou que ningunha das súas amigas lle prestase o seu avó. Entón, dando un novo uso aos obxectos que tiña o seu arredor, decidiu construír un. O seu invento non funcionou á primeira mais, ao final, foi quen de facer realidade o seu soño. Non todas as crianzas poden gozar da presenza dun avó preto co que compartir xogos, apertas, experiencias... Iso é o que lle aconteceu a Zulaimar mais, lonxe de amedrentarse, a pequena desta historia bota man do seu enxeño e transforma a ausencia en terreo fértil de onde xorden a creación e a dozura. O escritor Juan Carlos Méndez Guédez mergúllanos nunha emocionante e doce historia que nos fai lembrar a importancia da capacidade creativa que permite xerar ideas novas, experimentar e buscar alternativas ante situacións desfavorables. E ao non ter a marabillosa figura dun avó comprende que diante da soidade sempre lle quedará a forza da imaxinación e o soño. A ilustradora alemá Elsa Klever recolle esta idea de carencia apuntada polo autor. Non en van vemos na cuberta unha cadeira baleira; mais, enseguida introdúcenos nunha colorida proposta plástica onde unha chea de personaxes permítennos seguir as peripecias da pequena protagonista, que nos transmite o seu optimismo: &quería que se puidera seguir a historia de Zulaimar e, ao tempo, descubrir novos detalles en cada páxina.&

Dimensiones: 23 (alto) x 250 (ancho)

Nº de páginas: 36

Peso: 470 g

Isbn: 9788498717334
Referencia: 001006540740906
EAN: 9788498717334
Editorial:
OQO EDITORA
Fecha de lanzamiento:
11 de abril de 2024
Subgénero
De 3 a 5
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Traductor:
Liván García, Paco
Colección:
COLECCIÓN O
Colección descripción:
colección O
Número de edición:
1
Ilustrador:
Klever, Elsa
Título original:
O AVÓ DE ZULAIMAR

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.