Árbores no camiño

Características

Karim entornou os ollos para mirar ao lonxe: vía arbustos, años e cabras; pero non podía ver a súa nai. A Karim fíxoselle un nó na gorxa, e polas súas meixelas esvararon dúas bágoas enormes. Mirou a un lado e ao outro: non sabía volver. A historia trasládanos a facilidade coa que un neno pode perderse apenas se separa da man dos pais. Noutros casos, o pequeno atopa territorio hostil ou tenebroso; aquí , a nai natureza protexe e coida a Karim como un máis dos seus fillos. Régine Raymond-García escribiu esta historia ao volver dunha viaxe a Burkina Faso, fascinada pola consideración dos seus habitantes pola árbore vermella e polo baobab, pola súa alegría de vivir a pesar das dificultades, e por sacar proveito da natureza dun modo intelixente&. Pero este conto non se centra só no amparo que a natureza-nai ofrece ao home; tamén avisa da necesaria reciprocidade por parte do ser humano, que debe exercer a mesma protección e respecto sobre o ecosistema, para garantir a súa sustentabilidade. Para a ilustradora, Vanina Starkoff, foi tamén como facer unha viaxe por Burkina Faso, as súas imaxes e a súa música, para mergullarse &nesas marabillosas terras africanas&, traballando cunha paleta de cores &saturadas, brillantes e alegres&, acrílicos sobre papel, con algunhas texturase os debuxos dixitais, segundo o estado de ánimo e as emocións polas que atravesaba Karim:amarelo e vermello para escenas onde se sente protexido, turquesas cando se sente perdido.

Dimensiones: 23 (alto) x 250 (ancho)

Nº de páginas: 36

Peso: 470 g

Isbn: 9788498717310
Referencia: 001006540740922
EAN: 9788498717310
Editorial:
OQO EDITORA
Fecha de lanzamiento:
11 de abril de 2024
Subgénero
De 3 a 5
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Traductor:
Ferriz Villalba, Pilar
Colección:
COLECCIÓN O
Colección descripción:
colección O
Ilustrador:
Starkoff, Vanina
Título original:
ARBORES NO CAMIÑO

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.