FILLA DAS ONDAS (Tapa blanda Tapa dura)

Características

Unha forma diferente de coñecer Pontevedra, a súa historia, as súas lendas e o seu patrimonio, a través do misterio e da aventura. Froiaz detesta Pontevedra, onde acaba de mudarse coa súa familia. Na noite de San Xoán escoita unha voz que canta cerca da súa xanela: era Mariña, unha nena moi especial con quen percorre a cidade baixo a lúa chea. Ela é capaz de facelo invisible ou transportalo a través do espazo e do tempo para coñecer a historia da cidade e a moitos dos personaxes que a poboaron: Méndez Núñez, Benito Soto, Manuel Quiroga ou Castelao, entre outros. Pero Mariña garda un segredo, debe mollarse a cada pouco con auga salgada se non quere converterse en pedra, porque& Fina Casalderrey, unha das escritoras máis importantes da literatura infantil e xuvenil galega, galardoada co Premio Nacional de Literatura e candidata ao Premio Astrid Lindgren, achéganos a historia e o patrimonio da súa cidade natal dunha forma diferente e a través da mirada de asombro da infancia. Unha aventura divertida e trepidante, chea de intriga, que convida a locais ou visitantes a percorrer a cidade a través da súa historia. Un álbum que conta coas ilustracións do grande artista plástico Xosé Cobas, que recrean os diferentes espazos urbanos e nos convidan a viaxar no tempo.

Dimensiones: 29,7 (alto) x 21 (ancho) / Nº de páginas: 64

Isbn: 9788413433431
Referencia: 001006540534861
Editorial:
KALANDRAKA GALLEGO
Fecha de lanzamiento:
26 de noviembre de 2024
Subgénero
De 6 a 9
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Gallego
Colección:
MAREMAR
Número de edición:
1
Ilustraciones:
Color
Ilustrador:
Cobas, Xosé
Título original:
FILLA DAS ONDAS

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.