As aventuras de Emil (Tapa dura)

Características

Un novo clásico de Astrid Lindgren en lingua galega protagonizado por un dos seus personaxes máis queridos. Un divertido libro de aventuras ideal para os que comenzan a ler de forma autónoma. Emil ten cinco anos, é un neno forte coma un touro, valente e algo testán que vive nunha granxa chea de animais coa súa familia. Cos seus ollos azuis e o pelo loiro e laúdo semella un anxiño, mais as súas trasnadas volven tola a toda a vila. Unha obra inspirada nos recordos e anécdotas de infancia do pai da autora nunha granxa de Småland, que nos achega a unha infancia feliz, en contacto coa natureza, á que Astrid Lidgren aspiraba para todos os nenos e nenas. Un entorno familiar no que transcorren as aventuras deste atrevido personaxe que aprende coa experiencia do día a día e cuxos actos ás veces teñen consecuencias inesperadas que poñen a proba o seu enxeño. Unha edición que conserva as ilustracións orixinais de Björn Berg, agora restauradas e coloreadas, quen, no seu día, viaxou a Småland para estudar con minuciosidade as casas, xardíns, valados, portas e a contorna natural para darlle vida a esta obra.

Dimensiones: 23,5 (alto) x 16 (ancho) / Nº de páginas: 104

Isbn: 9788413433424
Referencia: 001006540757694
Editorial:
KALANDRAKA GALLEGO
Fecha de lanzamiento:
26 de noviembre de 2024
Subgénero
De 6 a 9
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Sueco
Traductor:
Álvarez, David
Colección:
7 LEGUAS +
Número de edición:
1
Ilustraciones:
Color
Ilustrador:
Berg, Björn
Título original:
AS AVENTURAS DE EMIL

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.