Gato Cono

Características

Un día, o pobre Jeremy esperta no veterinario cun cono xigante arredor da cabeza. Este cono provócalle unha crise existencial momentánea que o converte no torpe e cheirento GATO CONO. Todo é terrible ata que o cono pasa a convertirse nun instrumento para lamber os últimos restos dos cereais na mesa do almorzo. Con ese cono na cabeza, a natureza de GATO CONO cambia e convértese nun novo gato que agora pode facer moitas cousas que o vello Jeremy non podía. Pode cazar arañas con facilidade, recoller o recheo do sofá e disfrazarse de bol para roubar unha bola de xeado nunha festa de aniversario. Cando llo quitan ao día seguinte, Jeremy comeza a estrañarlo. Terá outra oportunidade de volver gozar dos trucos que facía como GATO CONO? Non lle levará moito tempo descubrilo... Este é un libro divertidísimo que, con ilustracións e textos enxeñosos, fainos pensar sobre a importancia de sabermos que ás veces, situacións terribles poden ter o seu lado positivo, e aínda que non o pareza, calquera gatástrofe ten a súa solución.

Dimensiones: 24 (alto) x 24 (ancho) / Nº de páginas: 32

Isbn: 9788412781021
Referencia: 001006540758064
Editorial:
PATAS DE PEIXE
Fecha de lanzamiento:
2 de diciembre de 2024
Subgénero
De 3 a 5
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Número de edición:
1
Ilustrador:
Carmen Mok
Título original:
Cone Cat

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.