O Bis é o avó da mamá, e o papá da avoa. Gústanlle moito as camisas de cadros de diferentes cores e tamaños.
Na parte de tea que corresponde ó peito esquerdo das camisas de cadros do Bis sempre hai un peto. O contido do peto debía ser un obxecto valiosísimo, algo que o Bis quixera gardar tan preto tan preto, que tivese que tocarlle o corazón, pero que ninguén coñece, por agora.
Esta é a historia do noso Bis, dun "smartphone" de ultimísima xeración e dun peto.
Para cando o Bis emprendeu a súa viaxe, xa tiveramos ocasión de coñecer o seu segredo, que agora tamén é noso, e coidaremos sempre coma un tesouro.
E nós sempre iremos co Bis, e o Bis con nós.
Dimensiones: 21 (alto) x 15 (ancho) cm / Nº de páginas: 40 / Peso: 320 g