«Manual de camuflaxe» é unha expedición creativa que nos envolve e nos interroga, coma unha fenda luminosa. Máis aló da adaptación á contorna, a camuflaxe sinala o paradoxal desexo de ser visto, de ser recoñecido no mesmo medio da disolución. Nesa tensión entre o visíbel e o velado, os versos de Samuel Merino adquiren unha calidade especular, devolvéndonos a nosa propia fraxilidade.
Dimensiones: 22 (alto) x 14,5 (ancho) / Nº de páginas: 72 / Peso: 116 g