ELISA E MARCELA (Tapa dura Tapa blanda)

Características

Elisa e Marcela desafiaron as normas do seu tempo e fixeron posible o que parecía imposible: casar. Velaquí un achegamento, con palabras e imaxes, á súa historia, para non esquecermos das que abriron camiño na liberdade de ser e de querer. A colección mestura biografías con textos rimados, permitindo que as nenas e nenos se familiaricen coa vida e obra de persoas senlleiras da nosa cultura dun xeito ameno e entretido.

Chega un novo título da colección MIUDIÑOS, que nos achega, a través de palabras e imaxes, a vida de personaxes senlleiros da nosa cultura.

Elisa e Marcela foron dúas mulleres galegas que, a principios do século XX, protagonizaron un feito histórico: casaren, co único obxectivo de estar xuntas. Elisa adoptou a identidade do seu curmán falecido Mario coa finalidade de poder casar coa súa amada Marcela, nunha época na que o amor entre persoas do mesmo sexo estaba prohibido.

En 2005, máis de cen anos despois, España aprobou o matrimonio igualitario. A súa historia segue sendo un exemplo de loita polos dereitos e liberdade, lembrándonos que, aínda que as leis cambian, a valentía de quen loita polo amor e a igualdade perdura.

Dimensiones: 25 (alto) x 17 (ancho) cm / Nº de páginas: 32

Isbn: 9788482897196
Referencia: 001006540767321
Editorial:
DO CUMIO
Fecha de lanzamiento:
31 de marzo de 2025
Subgénero
De 6 a 9
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Colección:
MIUDIÑOS
Número de colección:
6
Número de edición:
1
Ilustrador:
Gregores, Bea
Título original:
ELISA E MARCELA

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.