Dinguirindiña (Tapa dura)

Características

Dinguirindiña é a homenaxe que Caldo, o grupo do novo folk galego, lle fai ás mulleres que coidaron e transmitiron a poesía popular e oral ao longo dos anos coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas.

A HISTORIA DE SALETA TRAE CONSIGO UNHA VIAXE PARA CELEBRAR A VIDA CON CANTOS E RITMOS TRADICIONAIS. INCLÚE CÓDIGO QR PARA CANTAR NA AULA E NA CASA.

Dinguirindiña é unha palabra que imita sons musicais e encaixa moi ben co repenique da pandeireta, que é cando se toca axitando ou golpeando coas mans.

Hai moitos anos, as nosas avoas, bisavoas e tataravoas cantaban fermosas cancións mentres traballaban e celebraban festas. Para que esas melodías non se perdesen, unha señora de Suíza chamada Dorothé Schubarth, que quedou marabillada coa música e as paisaxes de Galicia, decidiu recollelas nun libro moi especial: o Cancioneiro Popular Galego. Para escribilo, contou coa axuda do lingüista galego Antón Santamarina.

Este cancioneiro é moi importante para o noso grupo de música, xa que nos nosos concertos tocamos moitas das melodías que están recollidas nel.

Dimensiones: 24 (alto) x 20 (ancho) cm / Nº de páginas: 40

Isbn: 9788482897219
Referencia: 001006540538193
Editorial:
DO CUMIO
Fecha de lanzamiento:
31 de marzo de 2025
Subgénero
De 6 a 9
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Número de edición:
1
Ilustrador:
Ledesma, Ro

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.