Unha nova fábula de Leo Lionni para familiarizarse cos meses do ano, coas estacións e co valor da natureza. O primeiro día de xaneiro, Lolo e Lara, dous ratiños de campo, fan unha nova amiga: Flora, unha árbore falante. Tras superar a sorpresa inicial, deciden visitala durante todo o ano. A medida que pasan os meses, Lolo e Lara observan como Flora absorbe a auga da neve ou da chuvia, como florece na primavera, dá froitos no verán ou lle caen as follas no outono.
Cando chega o Nadal, Lolo e Lara celebran xuntos que teñen unha grande amiga e prepáranse para un novo ano cheo de sorpresas.
Dimensiones: 14 (alto) x 30 (ancho) cm / Nº de páginas: 32