Dez coelliños (Tapa dura)

Características

Un álbum inédito no noso país para aprender a contar coa maxia e co humor do extraordinario Maurice Sendak. Mino, o mago, axita a variña e zas!, saca un coello da chistera. Logo dous, tres, catro..., así ata dez. Que difícil controlar tantos orelludos que choutan e se agochan por calquera lugar! Ata que Mino axita de novo a súa variña e... alehop!, un a un, os coellos van desaparecendo por arte de encantamento. Continúa o legado de Maurice Sendak con este divertido e disparatado álbum que se publica 12 anos despois do seu falecemento. O seu protagonista é outro neno álter ego de Sendak, como Max (&Onde viven os monstros&), Miguel (&Na cociña de noite&, &Miguel. Conto exemplar&) ou Xoán (&O un era Xoán&), que nos ensina a contar cara adiante e cara atrás con humor e orixinalidade a través de dez coellos rebeldes que aparecen e desaparecen por arte de maxia. As múltiples expresións de Mino e a habilidade de Sendak para capturar todo tipo de emocións engaiolan os lectores e as lectoras, atraídos non só pola crecente marea de coelliños peludos, senón pola satisfacción do protagonista ao velos aparecer e desaparecer enfrontando non poucos obstáculos e frustracións. Un tesouro recentemente descuberto dun querido mago dos libros infantís.

Dimensiones: 22,5 (alto) x 17 (ancho)

Nº de páginas: 32

Isbn: 9788413433622
Referencia: 001006540768410
EAN: 9788413433622
Editorial:
KALANDRAKA EDITORA
Fecha de lanzamiento:
7 de abril de 2025
Subgénero
De 3 a 5
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Inglés
Traductor:
Nicolás, Iago - Pérez, Silvia
Colección:
TRAS OS MONTES
Número de edición:
1
Ilustraciones:
Color

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.