Por culpa do traveso xene Viravolta herdado da tátara-tátara-tátara-tataravoa Romilda, todas as noites Bufiño, o gato case que todo el negro, e Brunilda, a bruxiña de mesto pelo vermello, cambiaban entre eles a aparencia: Bufiño transfórmase nun neno divertido e Brunilda nunha gatiña falangueira. Para poñerlle remate a este feitizo deben descubrir onde está agochado o diario secreto de Romilda, no que están recollidos todos os saberes máxicos. Entre mapas enmeigados, anteollos fantásticos e espíritos un pouco aterradores, Bufiño e Brunilda atoparán moito máis ca un libro. DESPOIS DO ÉXITO INTERNACIONAL DA SERIE MORTIÑA E BUFIÑO E BRUNILDA, UNHA MIGALLA DE MAXIA, UNHA NOVA AVENTURA MÁXICA MÓSTRANOS COMO A VERDADEIRA FORZA SE ATOPA PRECISAMENTE NA DIVERSIDADE
Dimensiones: 21 (alto)
Nº de páginas: 64
Peso: 300 g
Isbn: 9788419754783
Referencia: 001006540770713
EAN: 9788419754783
Editorial:
HERCULES EDICIONES
Fecha de lanzamiento:
3 de abril de 2025
Subgénero
De 6 a 9
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Traductor:
Gómez Pato, Rosa Marta - González González, Manuel