Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos

Características

Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos consta de dúas partes complementarias. Por unha banda, un texto onde quedan clasificados de xeito didáctico os xéneros cantados, instrumentais, bailados e danzados da nosa terra, afondando nas súas características, momento da interpretación, finalidade& E por outra parte, un CD con 31 melodías escollidas dos nosos cancioneiros e de fontes vivas, que recompilan a maior parte dos xéneros musicais que se tratan no texto, incluíndo as súas partituras. Unha viaxe no tempo para sentir o alalá na voz cálida de Uxía, que nos leva séculos atrás, a esa hora do serán onde as notas melancólicas do alalá falan da alma de Galicia, para escoitar un arrieiro solitario turrando pola besta na impoñente voz de Xisco Feijoó, o anguriante canto de cego ao son da zanfona na profunda voz de Tino Baz, ou mesmo melodías de gaita inéditas do gaiteiro Libardón, escoitadas na montaña de Lobeira. O noso desexo é que te achegues, coñezas e desfrutes dos xéneros musicais tradicionais e populares da nosa terra a través destas páxinas e audios, e así, valorar e apreciar este gran legado musical que nos pertence a todas e a todos

Dimensiones: 16,5 (alto) / Nº de páginas: 296 / Peso: 500 g

Isbn: 9788419754868
Referencia: 001006512873669
Editorial:
HERCULES EDICIONES
Fecha de lanzamiento:
5 de mayo de 2025
Subgénero
Folkclore
Género
Música
Idioma:
Gallego
Número de edición:
1
Fotografías:
Sí
Título original:
OS XÉNEROS MUSICAIS TRADICIONAIS E POPUL

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.