Nicolás vai á biblioteca (Tapa dura)

Características

Un novo título en galego da colección Makakiños &Día a día&, adaptado ao sistema SPC de pictogramas, no que visitamos unha biblioteca inclusiva da man de Nicolás. A colección Makakiños é unha iniciativa de Kalandraka en colaboración coa Asociación Baión de Tratamento do Autismo (BATA) para achegar a lectura a persoas con necesidades de apoio educativo e facilitar a inclusión de todas e todos. Son un conxunto de libros &de fácil lectura& que procuran unha maior comprensión a nivel escrito e visual a través da linguaxe de pictogramas SPC (Símbolos Pictográficos de Comunicación), baseada en debuxos e cores. A colección Makakiños &Día a día& permítenos coñecer diferentes espazos comúns na vida diaria e anticipar a visita a estes lugares. &Nicolás vai á biblioteca& amósanos as múltiples posibilidades que ofrecen estes espazos e os diferentes materiais que están a disposición do público, ademais de mostrarnos como funciona o servizo de préstamo. De tons alegres e luminosos, as ilustracións de Alicia Suárez destacan polo seu carácter descritivo, lúdico e a expresividade dos personaxes. Son imaxes claras, perfectamente asociadas ao texto e nas que se aprecian ata os máis pequenos detalles para facilitar a súa comprensión.

Dimensiones: 22 (alto) x 26 (ancho) / Nº de páginas: 36

Isbn: 9788413433356
Referencia: 001006540775985
Editorial:
KALANDRAKA GALLEGO
Fecha de lanzamiento:
26 de junio de 2025
Subgénero
De 3 a 5
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Traductor:
Nicolás, Iago
Colección:
MAKAKIÑOS
Número de edición:
1
Ilustraciones:
Color
Ilustrador:
Suárez Otero, Alicia
Título original:
NICOLÁS VAI Á BIBLIOTECA

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.