«Somos» propón un camiño no que as palabras se alían á procura da rítmica dun outro discurso social -se non posible, si necesario-, abordando a outra historia: a do soño, a invisibilidade e o irrealizable. Trátase -explica o autor- «de experimentar e sentir o que trisca, laia e despunta no poema, de perderse e atoparse nun outro lugar -paisaxe?, sensación?, desexo?, emboscadura? [...]-. Trátase de aprender cordialmente; de abismarse no diálogo entre as palabras e o corazón. Quizais, para non regresar e ser só o calafrío dun efémero adeus sen fondo, dun perpetuo grazas ficticio co que mañá comezar».
Dimensiones: 220 (alto) x 145 (ancho) / Nº de páginas: 64 / Peso: 106 gr