O que estou a dicir cando digo «Altri non».

Características

Dende que se soubo que a multinacional portuguesa Altri e a galega Greenalia escolleran o concello de Palas de Rei para construír a fábrica de celulosa soluble máis grande de Europa, miles de persoas rebeláronse contra un proxecto que ameaza non só a comarca da Ulloa, senón o conxunto da nosa terra. Especialistas de diversas disciplinas científicas están a advertir sobre os efectos catastróficos que esta actividade industrial tería en ámbitos como a economía, a saúde ou o medio ambiente. Mais, até agora, ninguén se parou a analizar o magma que ferve na enxurrada de indignación que está a percorrer Galiza enteira. Isto quizais se deba a que ese pulo é tan persoal e de cadaquén que nunca se poderá elevar á categoría de verdade universal nin servirá para soster argumentos obxectivos. Agora, co presente ensaio, Xosé de Cea, escritor con raíces palenses e melidao de padrón, aborda a problemática dende unha perspectiva radicalmente emocional e subxectiva. Para facelo, tira de memoria, andainas, lecturas, sentimentos e intuición coa arela de tecer unha trama de reflexións arredor do que supón este novo despropósito empresarial para un habitante da Terra do Medio, ademais de tentear as actitudes que cómpre esgrimir para enfrontalo.

Dimensiones: 21 (alto) x 17 (ancho) / Nº de páginas: 96 / Peso: 190 g

Isbn: 9788484877219
Referencia: 001006521195609
Editorial:
LAIOVENTO
Fecha de lanzamiento:
13 de agosto de 2025
Subgénero
Historia de la Literatura
Género
Literatura
Idioma:
Gallego
Número de edición:
1
Título original:
O QUE ESTOU A DICIR CANDO DIGO ALTRI NON

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.