A emigración foi ata hai pouco unha viaxe natural dos galegos. Detrás do verde intenso dos fentos e dos toxos, detrás do verde gris das ondas do océano, os emigrantes buscaron en América e logo nos países prósperos da Europa do século XX, os lugares aos que os empurrou a necesidade de mellora económica e a adversidade das circunstancias sociais. No pulo da épica de enfrontarse a vivencias alleas á súa idiosincrasia, non soamente souberon vivir coa dignidade do traballo &incorporáronse ás novas nacionalidades cunha mimética axeitada&, se non que, ademais, foron quen de manter sempre a súa identidade. E volveron. Moitos regresaron. Esta é unha historia de «indianos», os que regresaron á nosa terra dos países de América.
Dimensiones: 24 (alto) x 16,5 (ancho) / Nº de páginas: 96 / Peso: 300 g