A colección Fani & SuperDani combina aventuras, humor e superheroes nun formato áxil e accesible, ideal para lectoras e lectores que comezan a ler de forma autónoma. Neste volume reversible, dúas historias cheas de misterio e diversión: un estraño fenómeno de neve revoluciona Vilamán mentres a chegada de turistas o pon todo patas arriba; e, ao mesmo tempo, un roubo inesperado na tenda de lambonadas converterá a volta ao cole nunha auténtica investigación. Con capítulos curtos, ritmo dinámico e personaxes próximos, este libro é perfecto para enganchar á lectura en primaria e consolidar o hábito lector desde os 7 anos. Dálle a volta ao libro e continúa a aventura.
Dimensiones: 210 (alto) x 150 (ancho) / Nº de páginas: 84