Xa está aquí o álbum recompilatorio da pirata máis famosa dos sete mares! Inclúe os libros 'Daniela Pirata', 'Daniela e as mozas piratas', 'Daniela Pirata e a bruxa Sofronisa', e 'Daniela Pirata e a malvada ciclope'. Na súa primeira aventura, Daniela desafía o Capitán Orella Cortada e convértese na capitá pirata do Caimán Negro. Na segunda, coñece sereas, tritóns e unha amigable balea que será de moita axuda no rescate do naufraxio das Pirañas Intrépidas. Na súa terceira e cuarta aventura, Daniela e a súa tripulación enfróntanse a unha poderosa bruxa e á malvada ciclope que ten secuestrado o príncipe do Reino do Sol. Daniela Pirata converteuse nunha personaxe admirada da literatura infantil, unha nena valente que non se rende e que nos recorda a importancia da igualdade entre nenas e nenos.
Dimensiones: 24 (alto) x 28 (ancho) / Nº de páginas: 164