Aroa e Adri son os mellores amigos, teñen moitas cousas en común, tantas... que ata comparten piollos! Mais non quedarán de brazos cruzados e poranse a traballar para facelos desaparecer. Serán quen de acadar o seu obxectivo? Que pasa cando aparecen na nosa cabeza invitados indesexados? Ás veces non é tan doado desfacerse deles! Acompaña a Aroa e Adri mentres proban novos e divertidos métodos. Funcionarán? Piolliños é un álbum ilustrado divertido e cheo de cor que entretén á vez que ensina á cativada sobre os diminutos seres que ás veces aparecen na nosa cabeza.
Dimensiones: 22 (alto) x 22 (ancho) / Nº de páginas: 44 / Peso: 80 g