MALETA DO BERCE Á LÚA (Tapa blanda Tapa dura)

Características

&Do berce á lúa& fai 20 anos e para celebralo poñemos á disposición de lectoras e lectores unha maleta exclusiva ilustrada por Óscar Villán para transportar e compartir os libros preferidos dos máis pequenos. Un formato ideal para regalar ou para quen accede por primeira vez a esta colección, que é xa todo un referente da LIX para as primeiras idades. &Lúa&, &Animais& e &Bebé& conforman o contido da maleta que se completa con &Limón& e &Flores&, as dúas últimas novidades publicadas recentemente. Unha selección de cinco obras imprescindibles que, como o resto da colección, se apoian nos recursos do cancioneiro tradicional infantil (rima, ritmo, enumeración, repetición, verso e retrouso, acumulación...) e en imaxes recoñecibles sobre fondos claros para contribuír a iniciar o camiño da prelectura de nenos e nenas. Cada exemplar de &Do berce á lúa& é un exercicio poético para educar o ollo e adozar o oído, como explica o seu autor Antonio Rubio. Pese á súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido, a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación.

Dimensiones: 16,5 (alto) x 16,5 (ancho) / Nº de páginas: 82

Isbn: 9788413434209
Referencia: 001006540918916
Editorial:
KALANDRAKA GALLEGO
Fecha de lanzamiento:
1 de septiembre de 2025
Subgénero
De 0 a 2
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Castellano
Traductor:
Rodríguez Lorenzo, Manuela
Colección:
DO BERCE Á LÚA
Subcolección
CARTÓN DURO
Número de edición:
1
Ilustraciones:
Color
Ilustrador:
Villán Seoane, Óscar
Título original:
MALETA DO BERCE Á LÚA

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.