O pequeno león (Tapa dura)

Características

Un relato entrañable e comprometido narrado coa mestría de Jacques Prévert e a mirada única da gran fotógrafa Ylla. Na Casa de Feras o cachorro de león soña coa selva, da que a súa nai tanto lle falou. Tras lograr a súa liberdade, comeza unha trepidante aventura para explorar o mundo na que descubrirá que a vida cos humanos non é o que el buscaba. De volta na casa, contaralle ao seu irmán máis novo as súas vivencias con certas doses de imaxinación porque &a vida das plantas, das persoas e dos animais está feita de realidade, pero tamén de marabillosos segredos, de imaxinación e de verdades inventadas.& Así termina &O pequeno león&, un clásico publicado en 1947 froito da colaboración da fotógrafa Ylla e o poeta Jacques Prévert. Un canto á liberdade, ao amor e á natureza; un relato audaz e comprometido que superou o paso do tempo e que formula interesantes reflexións sobre o comportamento humano e animal. Kalandraka recupera por vez primeira no noso país o texto íntegro censurado no momento da súa publicación, nunha edición que permite valorar o traballo excepcional de Ylla, unha das grandes figuras da fotografía de entreguerras xunto co gran poeta francés Jacques Prévert.

Dimensiones: 28 (alto) x 22 (ancho)

Nº de páginas: 40

Isbn: 9788413433783
Referencia: 001006540790778
EAN: 9788413433783
Editorial:
KALANDRAKA GALLEGO
Fecha de lanzamiento:
28 de noviembre de 2025
Subgénero
De 3 a 5
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Traductor:
Andrés Padín, Tamara
Colección:
TRAS OS MONTES
Número de edición:
1
Fotografías:
Sí
Título original:
O PEQUENO LEÓN

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.