Aquel Cerdedo louzán das cinco mil almas, das tres bandas de música e dos dous equipos de fútbol avellentou mal.
Aquel vizoso Cerdedo preditatorial encama hogano a súa osame maltreita.
A súa faciana amosa os efectos irreversíbeis dunha dieta pobre en calcio e as consecuencias dunha histérica e chambona cirurxía.
O sancristán da crise tanxe, metódico, as campás a toque de defunto.
Non obstante, Cerdedo agocha en si mesmo o antídoto contra este veleno paralizante.
Urxe, pois, asollalo, liberalizar a súa patente; descifrármonos novamente, redescubrirnos, estimándonos no que fomos para atinxir o que degoxamos ser.
Dimensiones: 23 (alto) x 14,2 (ancho) cm / Nº de páginas: 324
Recogida en tienda gratis
No incluye adaptador
El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.